As Xornadas de Folclore comezan o seu percorrido pola provincia

Este luns deu comezo oficialmente unha nova edición das Xornadas de Folclore, unha das citas máis tradicionais da provincia, que celebra este ano a súa 40º edición cun extenso programa que se desenvolverá ata o 21 de agosto e que chegará a 16 localidades ao longo deste mes.
O Vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández Gil, deu a benvida este luns aos seis grupos participantes, procedentes de Arxentina, Filipinas, Ucraína, Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
As actuación comezan este mesmo luns na Praza da Constitución de Bande ás 20:30 horas coa actuación de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia, mentres que Arxentina, Filipinas e Ucraína actuarán no Campo da Barreira de Allariz ás 22:30 horas.
A seguinte cita será o 13 de agosto en Manzaneda e Maceda actuará e o 14, o Parque da Preguiza de Verín recibirá Arxentina, Filipinas e Ucraína, e o Parque Malecón do Barco a Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia. O 15 de agosto, as agrupacións trasladaranse a Entrimo e Viana, respectivamente, co mesmo reparto de países. O 16, A Rúa e Carballiño serán as sedes e o 17 as xornadas trasládanse a Castro Caldelas e Xinzo. O 18 tócalle a Celanova e Trives, mentres que o 19 terá lugar un desfile desde o Paseo de San Lázaro ata a Praza Maior pola mañá, coa participación dos grupos de Arxentina, Filipinas e Ucraína, seguido dun festival na Praza Maior pola noite. Finalmente, o 20 de agosto, Ribadavia acollerá no seu Auditorio Castelo un espectáculo conxunto con todas as agrupacións, incluíndo a Chile, Irlanda do Norte, Xeorxia, Arxentina, Filipinas e Ucraína.
Os grupos que participan nesta edición son Huayra Muyoj de Arxentina, o Ballet Municipal de Rancagua de Chile, Royal Tara Dance Academy de Irlanda do Norte, o Folk Dance Ensemble Volynianka de Ucraína e o National Honored Song and Dance Ensemble Georgian Folklore ‘Tsumu’ de Xeorxia, xunto con representantes de Filipinas.
Durante a súa estancia, os preto de 200 artistas serán aloxados no Centro Residencial Docente de Ourense e no IES Universidade Laboral.
As Xornadas de Folclore continúan así promovendo a multiculturalidade e a tradición, ofrecendo á cidadanía de Ourense unha vibrante mostra de música, danza e indumentaria tradicional que percorre a provincia durante dez días.