As Xornadas de Folclore continúan o seu percorrido pola provincia marcadas polos incendios

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A situación de emerxencia que se vive en Ourense a causa das lapas obrigou a cancelar onte o espectáculo previsto en Manzaneda e a suspender o desta noite en Verín
xornadas-de-folclore-allariz-2025
14 Aug 2025

No contexto da situación actual de emerxencia en Verín polos incendios forestais, a organización das Xornadas de Folclore informa da cancelación do espectáculo previsto para hoxe no municipio. O lume xa obrigou a cancelar, na xornada de onte, as actuación previstas en Manzaneda.

O resto de actuacións dos grupos de folclore na provincia mantense a esta hora da mañá, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas.

Onte, a veciñanza de Maceda puido gozar das actuacións de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia, nunha noite de cultura e tradición da que tamén gozaron xa os veciños de Bande e Allariz.

A actuación prevista para hoxe no Barco mantense, mentres que o venres 15, as agrupacións desprazaranse a Entrimo e Viana, mentres que o sábado 16 actuarán en A Rúa e O Carballiño. O domingo 17 será o turno de Castro Caldelas e Xinzo.

O luns 18 as citas serán en Celanova e Trives, e o martes 19 celebrarase un desfile desde o Paseo de San Lázaro ata a Praza Maior, coa participación de Arxentina, Filipinas e Ucraína, seguido dun festival nocturno na Praza Maior.

O peche das Xornadas terá lugar o mércores 20 de agosto en Ribadavia, cun espectáculo conxunto no Auditorio Castelo que reunirá todas as agrupacións participantes: Chile, Irlanda do Norte, Xeorxia, Arxentina, Filipinas e Ucraína.

No contexto da situación actual de emerxencia en Verín polos incendios forestais, e en coordinación co Concello, decidiuse a cancelación do espectáculo previsto para hoxe neste municipio, no marco das Xornadas de Folclore.

O resto de actuacións dos grupos de folclore na provincia mantense a esta hora da mañá, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas.

⚙ Configurar cookies
0.069414854049683