As "Xornadas Memoria e Muller" de Celanova rematan este sábado

O Concello de Celanova, con motivo do Día da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo, ven de levar a cabo as "Xornadas Memoria e Muller", que comezaban o pasado 16 de marzo.
O remate final destas xornadas terá lugar no día de hoxe, sábado 23 de marzo, a partir das 17.30 horas no Auditorio de Celanova coa protección do documental "Dores", dirixido por Coral Piñeiro. Ademais, as xornadas tamén contarán coa presentación do libro "Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos", de Aurora Marco.