A Aula da Natureza do río Miño organiza un novo ciclo de actividades de conciliación
OurenseXa
As actividades terán lugar os días días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril do 2024, e están dirixidas ao alumnado de Educación Primaria
Aula da Natureza do río Miño
7 Mar 2024
Os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril do 2024, en horario de 09:00h a 14:00h, a Aula da Natureza do río Miño organiza unha nova edición de actividades dirixidas ao alumnado de Educación Primaria, que pretende achegar aos nenos e nenas a un entorno saudable, con divertidas actividades basadas na natureza e no medio ambiente.
Actividades:
- 25 de marzo (luns): Presentación / Xogos (09:00h - 14:00h)
- 26 de marzo (martes): Agricultura ecolóxica / Inventa os teus animais (09:00h - 14:00h)
- 27 de marzo (mércores): Paseo polas beiras do río Miño e Loña / Obradoiro (09:00h - 14:00h)
- 1 de abril (luns): Actividade de Land Art / Xogos (09:00h - 14:00h)
Os nenos e nenas que así o desexen poderán inscribirse de 08:30h a 14:30h na Aula da Natureza do río Miño do 8 ao 20 de marzo.