Avanzan as obras de construción da rampa mecánica que unirá As Mercedes e San Francisco

OurenseXa
Os traballos comezaron o pasado 8 de xaneiro de 2024, cun prazo de duración previsto de 10 meses
Obras nas Mercedes, imaxe de Gonzalo Pérez Jácome
4 Sep 2024

O proxecto de movilidad vertical posto en marcha polo Concello de Ourense na contorna da Praza das Mercedes e a rúa Arturo Pérez Serantes estará listo a principios do vindeiro ano, segundo asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Os traballos comezaron o pasado 8 de xaneiro de 2024 e tiñan un prazo de duración prevista de 10 meses. As obras teñen un orzamento de 1.683.570 euros e forman parte do proxecto de mellora da mobilidade urbana Move Ourense 1, que desenvolve o Concello co apoio do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible

A intervención ten dous obxectivos principais: por unha banda, mellorar o acceso e a conexión entre dúas zonas principais da cidade como son o centro histórico e o complexo cultural de San Francisco, de xeito que o percorrido entre ambas sexa máis cómodo, directo e reúna mellores condicións de mobilidade. Doutra banda, preténdese recuperar o maior espazo público posible para a cidadanía, en conexión co centro histórico.

O proxecto prevé a redistribución do tráfico e circulacións do ámbito, facendo que sexa máis limitada, a instalación de elementos de mobilidade vertical (2 escaleiras mecánicas e unha rampla mecánica) e a humanización e recuperación para o peón de espazos urbanos residuais.

0.17685794830322