Avanzan as obras de mellora na estrada entre A Barxa e Vistahermosa

O Concello de Barbadás continúa cos traballos de rehabilitación do firme na estrada que une o núcleo da Barxa, en Piñor, co barrio de Vistahermosa, en Ourense. Trátase dunha actuación considerada prioritaria polo alto volume de tráfico que rexistra este tramo e pola súa función como vía de conexión directa entre unha das parroquias máis poboadas do municipio e a capital provincial.
As obras comezaron o pasado mes de setembro e contan cun investimento total de 92.908 euros. Nas últimas semanas están a realizarse labores de limpeza de cunetas, fresado, rega de adherencia, pintado da sinalización viaria e mellora dos elementos de seguridade.
Desde o Concello lembran que, mentres duren os traballos, poderán producirse cortes de tráfico intermitentes e agradecen a comprensión e colaboración das veciñas e veciños.