Axencia Galega de Desenvolvemento Rural estuda unha posible colaboración coa asociación Olivarnoia

OurenseXa
O fin desta posible colaboración é facilitar a reforma, ampliación e modernización que permita potenciar o uso destas instalacións por parte dos veciños, contribuíndo así á dinamización deste entorno rural.
Conse_almazara_Arnoia
O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, visitan as instalacións da asociación Olivarnoia
23 Feb 2024

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, visitou as instalacións da asociación Olivarnoia no mencionado concello ourensán, que conta cunha almazara, un
tipo de muíño deseñado especialmente para triturar sementes oleosas.

A Axencia estuda unha posible colaboración con esta entidade para facilitar unha reforma, ampliación e modernización que permita potenciar o uso destas instalacións por parte dos veciños, contribuíndo así á dinamización deste entorno rural.

Neste sentido, o conselleiro do Medio Rural en funcións puxo de relevo o traballo desenvolvido no marco desta iniciativa, pola súa contribución á posta en valor do territorio e ao fomento e recuperación de terras en estado de abandono ou infrautilización, que é á súa vez un dos principais obxectivos e compromisos da Axencia. A maiores, tamén se impartirán xornadas didácticas nos centros educativos da zona.

José González tamén destacou que a promoción destes proxectos impulsan á cohesión do medio rural, xerando emprego, favorecendo a economía, a remuda xeracional e fixando poboación nas contornas e zonas rurais.

0.19629001617432