Axenda de campaña para o domingo 4 de febreiro
Axenda electoral para este domingo 4 de febreiro.
BNG
17.30 horas. A cabeza de lista por Ourense, Noa Presa, participa no encontro coa veciñanza de Celanova. Tamén intervirán o alcalde de Verea, Antonio Valado, e os candidatos Laura Pérez, Noelia Currás e Iago Tabarés (Refectorio do Mosteiro de Celanova).
20.00 horas. A cabeza de lista por Ourense, Noa Presa, participa no encontro coa veciñanza de Castrelo de Miño. Tamén intervirá Marian Nieves e Xurxo Rodríguez (Albergue de Castrelo de Miño).
PSdeG-PSOE
11:00 a 13:00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía (Rúa do Paseo, Ourense).
17.00 a 19.00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía (Rúa do Paseo, Ourense).
17:30 horas. A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, visita o posto informativo da candidatura socialista na rúa do Paseo e percorrerá as rúas do centro da cidade.
18:30 horas. A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, participa nun encontro baixo o lema “A política de vivenda no século XXI” na Casa da Cultura de Barbadás, no que tamén estarán presentes e participarán o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel; e as candidatas ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, Áurea Soto e Marga Pérez Fernández (Barbadás).
PP
12.30 horas. Membros da candidatura participan nun aperitivo no Parque de San Lázaro.
17.00 horas. Mitin en Bande no que participan Luis Menor e Elena Rivo, coa intevención de Sandra Quintas (Albergue Municipal, Bande, Ourense).
17.30 horas. Membros da candidatura visitan a Asociación de Vecinos de Untes (Untes, Ourense)
19.30 horas. Mitin en Leiro no que participan Luis Menor e José González, coa intervención de Francisco José Fernández (Camping de Leiro, Ourense).