Axenda de campaña para o luns 5 de febreiro

OurenseXa
Axenda electoral para o luns 5 de febreiro na provincia de Ourense
Votar
5 Feb 2024

Axenda electoral para este luns 5 de febreiro:

BNG

11.30 horas. A cabeza de lista por Ourense, Noa Presa, visita a fábrica de vehículos RLA Rodríguez López acompañada polo tamén candidato, Iago Tabarés, o deputado provincial, Xosé Manuel Puga, e a senadora do BNG, Carme da Silva. Posteriormente, realizarán declaracións aos medios para trasladar as propostas do BNG en materia industrial e para o impulso do sector en Ourense.

19.30 horas.  A cabeza de lista por Ourense, Noa Presa, participa no encontro coa veciñanza do Barco de Valdeorras. Tamén intervirán a senadora do BNG, Carme da Silva; a alcaldesa da Rúa, María G. Albert; e o portavoz municipal no Barco e candidato nestes comicios, Suso Vilasánchez (O Barco de Valdeorras).

PSOE

10.30 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia ofrecen declaracións aos medios de comunicación sobre asuntos relacionados co soterramento da Avenida de Otero Pedrayo (Ourense).

11:00 a 13:00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía.

12:00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan na concentración organizada pola Comisión de Centro do CHUO “Por unha UCI de nivel II e non de segunda” (Ourense).

12.00 horas. Reparto informativo da candidatura socialista con Eladio Santos á cabeza polas rúas do Barco de Valdeorras.

17:00 a 19:00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía.

20:00 horas. A candidatura do PSdeG-PSOE manterá un encontro coa veciñanza de Seixalbo.

PP

10.45 horas. Xosé Manuel Merelles percorre un treito do Camiño de Inverno para anunciar medidas para este itinerario xacobeo (Pasarela do Malecón en O Barco de Valdeorras).

11.00 horas. Gabriel Alén e Víctor Manuel Baladrón con representantes do Partido Popular de Cualedro percorrerán as rúas do municipio (Casa do Concello de Culedro).

12.00 horas. Román Rodríguez e representantes do Partido Popular de Boborás  pasearán polas rúas do municipio.

16.00 horas. Luis Menor e Julio García Comesaña visitarán os terreos da Deputación xunto ao CHUO nos que se construirá o novo Centro de Saúde de Mariñamansa (Ourense).

17.00 horas.  Román Rodríguez reúnese con representantes do Partido Popular de Carballeda de Avia.

19.00 horas. Mitin en Vilamarín onde partictipan Román Rodríguez, Miguel Santalices, coa intervención de Amador Vázquez (Auditorio Municipal de Vilamarín).

20.00 horas. Luis Menor manterá unha reunión con representantes da Federación Limiar (Ourense).

 

0.18363189697266