Axenda de campaña para o mércores 7 de febreiro
Axenda electoral para este mércores 7 de febreiro na provincia de Ourense:
BNG
20.00 horas. A candidata á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón, e a cabeza de lista por Ourense, Noa Presas, intervienen no mitin central de Ourense. Durante o acto tamén interdirán o portavoz do BNG no concello de Ourense, Luis Seara, e o candidato número dous, Iago Tabarés (Anexo do Pavillón dos Remedios, Ourense).
PSOE
10:00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia ofrecen declaración aos medios sobre asuntos relacionados co transporte metropolitano na comarca de Ourense (Rotonda da Familia. A Valenzá (Barbadás).
10:30 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun reparto informativo pola rúas do Barco de Valdeorras (Praza de España, O Barco de Valdeorras)
11:00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun reparto informativo pola feira de Ourense (Rúa Alameda do Concello, Ourense)
11:00 a 13:00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía.
12:00 horas. Presentación da campaña The Best de Xuventudes Socialistas de Galicia e reparto informativo coa candidatura socialistas polo campus universitario de Ourense.
12:00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun reparto informativo pola rúas da Rúa, aproveitando o día de feira (A Rúa)
14:00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia xantarán no campo da feira de Ourense xunto con outros cargos orgánicos do partido.
17:00 horas. A candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense participa nun reparto informativo en Rairiz de Veiga (Praza do Concello, Rairiz de Veiga).
18:30 horas. A candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense participa nun reparto informativo en Xinzo de Limia (Praza Maior, Xinzo de Limia).
17:00 a 19:00 horas en Ourense. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía.
21:00 horas. A candidatura do PSdeG-PSOE participa nun reparto informativo pola zona dos viños da cidade de Ourense.
PP
10.00 horas. Victoria Núñez, Marisol Díaz, Ana Méndez, Juan Casares e Miguel Viso participan nun reparto informativo na Feira do Parque Barbaña (Ourense).
11.00 horas. Xosé Manuel Merelles, Gabriel Alén e Ánxeles Vázquez con representantes do Partido Popular de A Rúa participan nun reparto informativo polas rúas de A Rúa.
11.30 horas. Noelia Pérez e Antonio Miranda reúnense co Colexio de Fisioterapeutas (Ourense).
12.00 horas. Membros da candidatura achéganse á zona universitaria (Ourense).
13.30 horas. Elena Rivo, Victoria Núñez, Miguel Santalices, Noelia Pérez, Antonio Miranda, Marisol Díaz, Ana Méndez, Juan Casares e Miguel Viso participan nun xantar en Campo da Feira.
17.00 horas Elena Rivo, Miguel Santalices e Aurelio Gómez participan nun reparto informativo polas rúas de O Couto (Ourense)
17.30 horas. Victoria Núñez e Eugenia Díaz achegaranse á Rúa do Paseo (Ourense).
16.00 horas. Xosé Manuel Merelles, Gabriel Alén e Ánxeles Vázquez con representantes do Partido Popular da comarca de Valdeorras participan nun reparto informativo en As Ermidas (Cruceiro das Ermidas).
19.00 horas. Mitin en Trasmiras onde participan Gabriel Alén e Ánxeles Vázquez, coa intervención de Emilio José Pazos (Casa da Cultura de Trasmiras).
19.15 horas. Belen Iglesias, Marisol Díaz e Miguel Ángel Viso manteñen un encontró coa Asociación de Veciños Santa Mariña.
20.00 horas. Mitin no barrio de O Couto onde participan Aurelio Gómez, Miguel Santalices, Elena Rivo e Luis Menor (Asociación de Veciños de O Couto, Ourense).