Axenda de campaña para o sábado 3 de febreiro

OurenseXa
O Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, participa no mitin do PSdeG-PSOE en Expourense
Votar
Votar
3 Feb 2024

BNG

19.00 horas. A cabeza de lista por Ourense, Noa Presa, intervén no mitin de Allariz, xunto á eurodiputada do BNG, Ana Miranda, e a alcaldesa, Cristina Cid.

PSdeG-PSOE

10.30 horas. Mitin no que participa o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez; o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e a candidata do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta (Expourense).

14.00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun xantar de Entroido organizado pola comisión de festas de Velle (Ourense).

17.00 a 19.00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía

PP

11.00 horas. Gabriel Alén e Víctor Manuel Baladrón acompañados por representantes do Partido Popular de Verín percorren as rúas de Verín.

11.00 horas. Almorzo con interventores e apoderados da cidade. Participan: Luis Menor, Elena Rivo e membros da candidatura.

19.00 horas. Luis Menor coa candidatura do PP da provincia de Ourense asisten ao mitin central de Pontevedra no que intervén: Alfonso Rueda, Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo

0.15031290054321