Axenda de campaña para o xoves 8 de febreiro

OurenseXa
Axenda electoral para o xoves 8 de febreiro na provincia de Ourense
Votar
8 Feb 2024

Axenda electoral para este xoves 8 de febreiro na provincia de Ourense:

BNG

10.00 horas. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, acompañada por membros da candidatura e representantes institucionais da organización nacionalista dará a coñecer as súas propostas en materia da Auga e Termalismo de cara a este 18F (Edificio Politécnico do Campus da Auga (Campus de Ourense).

19.30 horas. A cabeza de lista mantén un encontro sindical para trasladar as propostas do BNG en material laboral (Centro cívico A Ponte, Ourense).

19.30 horas. O BNG organiza un encontro coa veciñanza de Rabo de Galo para trasladar as propostas de cara ao 18F ás 19.30h.

20.30 horas. O candidato número 2, Iago Tabarés, participará nun encontro coa veciñanza de Barbadás

PSOE

11.00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun reparto informativo polas rúas de Celanova aproveitando o día de feira.

11.00 horas. O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento de Galicia, Eladio Santos Martínez, mantén unha reunión co alcalde e presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, Enrique Álvarez Barreiro (Vilamatín de Valdeorras).

11:00 a 13:00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa ciudadanía (Ourense).

17:00 a 19:00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa ciudadanía (Ourense).

18.00 horas. Mitin en Parada de Sil no que participan a candidata ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta; o candidato, Xurxo Doval; o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez; e o tenente de alcalde, Paco Magide (Salón de Plenos da Casa do Concello, Parada de Sil).

19:00 horas. A candidatura participa nun reparto polo barrio do Vinteún (Ourense).

19:30 horas. A candidatura do PSdeG-PSOE manterá un encontro coa veciñanza de Santa Teresita (Ourense).

PP

9.30 horas. Victoria Núñez, Ana Vázquez e Marisol Díaz manteñen un encontró cos sindicatos de Policía e Guardia Civil (Ourense).

11.00 horas. José Luis Ferro e representantes do Partido Popular de Celanova, nun reparto informativo na Praza Maior de Celanova.

11.00 horas. Miguel Ángel Viso e Belén Iglesias fan un percorrido pola Avenida de Bos Aires (Ourense).

11.30 horas. Eugenia Díaz, Ana Méndez e Juan Casares fan un percorrido pola zona de Curros Enríquez (Ourense).

12.00 horas. Marisol Díaz, Miguel Ángel Viso e Belén Iglesias manteñen un encontró coa ANPA do CEIP Hermanos Villar.

14.30 horas. Fabiola García, acompañada por Marisol Díaz, asiste a un xantar con representantes do Partido Popular de Baltar.

17.00 horas. Noelia Pérez e representantes do partido visitan Valdorregueiro.

18.00 horas. Miguel Ángel Viso e Belén Iglesias visitan o Colexio Amadeo Barroso (Os Rosais).

18.00 horas. Victoria Núñez e Eugenia Díaz, nun paseo informativo por Curros Enríquez.

18.00 horas. Fabiola García, con representantes do Partido Popular de Os Blancos, reúnense na Casa do Concello de Os Blancos.

18.00 horas. Gabriel Alén e Marisol Díaz manterán unha reunión coa Asociación da Escola Rural de Saúde da Limia (O Forno, Sarreaus).

20.00 horas. Mitin en Xinzo de Limia no que participan Luis Menor, José González, Cristina Campero e Paula Prado (Casa da Cultura

20.00 horas. Mitin en Mariñamansa onde participarán Jorge Pumar, Miguel Santalices, Fabiola García e Elena Rivo (Centro Cívico A Cuña)


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13126802444458