Baldomero Moreiras e Manuel Vidal centran o ciclo ‘Mirar el Arte’ deste venres no Marcos Valcárcel

OurenseXa
Xavier Limia será o encargado de afondar nas figuras de ambos artistas nunha conferencia titulada ‘Manuel Vidal e Baldomero Moreiras, arte e testemuña’, organizada pola Fundación Cum Laude
mirar-el-arte
28 Mar 2025

A Fundación Cum Laude continúa este venres co seu ciclo de conferencias ‘Mirar el Arte’ da man do doutor en arte, Xavier Limia, que falará ás 19.30 horas no Centro Cultural Xosé Ángel Valente sobre dous importantes representantes do panorama artístico na provincia: Baldomero Moreiras e Manuel Vidal.

Próximas conferencias

O 4 de abril, será a quenda dunha conferencia a cargo de SOS Gulías protagonizará, mentres que o 25 de abril, Xosé Poldras dedicará a súa intervención a Edward Muybridge, un fotógrafo estadounidense vinculado á "arqueoloxía" do cine, cuxa figura será destacada nesta ocasión.
O 30 de maio, Olga Pastor presentará "Artistas actuais de e na provincia de Ourense - Parte 2", na que, tras unha primeira parte interesantísima e sorprendente, se continuará explorando talentos locais.

O ciclo culminará o 13 de xuño con Tareixa Taboada, quen abordará o tema "Rebeldía e compromiso. A arte de ser pintura", dedicando unha homenaxe a Alexandro, un dos grandes artistas recentemente falecidos.

⚙ Configurar cookies
0.47624492645264