Bancos pintados coas cores da bandeira LGTBIQ+ decorarán a cidade de Ourense

OurenseXa
Con esta iniciativa, o Concello pretende dar visibilidade ao compromiso de Ourense coa diversidade, a igualdade e a liberdade afectivo-sexual
bancos-bandera-lgtbi-ourense
27 Jun 2025

O Concello de Ourense instalou bancos pintados coas cores da bandeira LGTBIQ+ en diferentes espazos da cidade. Con esta iniciativa, pretende “visibilizar o compromiso do Concello coa diversidade, a igualdade e a liberdade afectivo-sexual”, segundo manifestou esta mañá a concelleira de Igualdade. Noa Rouco explicou que “non se trata só dun xesto simbólico senón dunha declaración pública de respecto a todas as identidades e orientacións. O espazo público tamén educa e comunica, e queremos que quen pase por estes bancos sinta que Ourense é unha cidade que defende a diversidade e non tolera a discriminación”.

Esta acción enmárcase nas actividades de celebración do Día do orgullo, como recordatorio de que os dereitos LGTBIQ+ aínda necesitan visibilidade e protección. Esta mañá a concelleira de Igualdade deu lectura ao manifesto de celebración do Día do orgullo aprobado pola Federación Española de Municipios e Provincias nun acto no que participaron representantes de diferentes grupos municipais, que se desenvolveu no Parque de San Lázaro, onde se atopa un dos bancos.

Os outros están no Parque do Ribeiriño, no barrio da Ponte; na rúa Doutor Temes, á altura do edificio de Ferro do campus, nas Lagoas; na rúa Nai Soledad de la Cruz, fronte ao colexio Divino Mestre, no Vinteún; e na rúa Ervedelo, no barrio do Couto.

⚙ Configurar cookies
0.13080596923828