Baños de Molgas acolle este mércores un taller sobre uso seguro dos caixeiros automáticos

OurenseXa
As persoas participantes poderán aprender a realizar operacións de todo tipo, así como técnicas de prevención de estafas bancarias
caixeiro-autonomaticos
17 Mar 2026

Baños de Molgas acollerá este mércores, 18 de marzo, ás 10:30 horas no Centro de Saúde, un taller práctico orientado ao uso seguro dos caixeiros automáticos e á prevención de estafas bancarias.

A actividade, aberta a todo o público sen importar a entidade bancaria, está deseñada para ensinar de forma sinxela como realizar operacións habituais como retirar diñeiro, consultar movementos, pagar recibos ou facer ingresos, ao mesmo tempo que se adquiren coñecementos para protexer o propio diñeiro fronte a posibles fraudes.

O obxectivo do taller é que os participantes gañen confianza e seguridade ao usar a banca, resolvendo dúbidas e aprendendo boas prácticas para manexar as súas contas de maneira máis segura. Trátase dunha iniciativa útil tanto para quen se inicia no uso dos caixeiros como para quen desexa reforzar os seus hábitos de seguridade financeira.

0.12022614479065