Baños de Molgas acolle unha noite de cine ao aire libre con “Os demos de barro”

OurenseXa
No marco do Programa Circuíto Provincial de Cine de Verán da Deputación de Ourense
cine-banhos-molgas
22 Jul 2025

Este mércores 23 de xullo, a partir das 22.30 horas no parque infantil do municipio, terá lugar a proxección da película “Os demos de barro”, dentro do Programa Circuíto Provincial de Cine de Verán da Deputación de Ourense.

Pero a cita vai máis alá do cinema, xa que antes do comezo da película haberá unha sorpresa especial: a estrea dun vídeo promocional do propio Concello, “feito con moito agarimo para poñer en valor o que somos e o que queremos compartir co mundo”.

Desde a organización animan a non perder esta oportunidade única de vivir unha noite máxica “con cultura, emoción e identidade, nunha noite máxica de cine ao aire libre”.

 

⚙ Configurar cookies
0.16740703582764