Baños de Molgas acolle unha sesión de ioga ao aire libre

OurenseXa
Será este martes ás 20:30 horas no Parque Ansuiña
Imaxe recurso de ioga
8 Jul 2025

O Parque Ansuiña de Baños de Molgas acollerá este martes, 8 de xullo, unha sesión de ioga ao aire libre organizada por +Deporte La Región, en colaboración co Concello de Baños de Molgas e outras entidades.

A actividade comezará ás 20:30 horas e está aberta a todas as persoas que queiran desfrutar dunha tarde diferente practicando ioga en contacto coa natureza. Ademais, a participación é de balde e haberá un agasallo para todas as persoas asistentes.

Dende a organización animan a veciñas e veciños a achegarse ao Parque Ansuiña e aproveitar esta oportunidade para relaxarse e coidarse nun contorno natural.

⚙ Configurar cookies
0.16150212287903