Baños de Molgas acollerá a XVI Carreira Popular San Salvador no mes de agosto

OurenseXa
O evento contará con diferentes categorías adaptadas ás idades dos participantes, cun percorrido axeitado para cada unha
carreira-san-salvador
25 May 2025

O vindeiro 9 de agosto, a partir das 19:00 horas, celebrarase en Baños de Molgas a XVI Carreira Popular San Salvador, unha cita deportiva xa consolidada no calendario local. A carreira terá un percorrido urbano con saída nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña.

O evento contará con diferentes categorías adaptadas ás idades dos participantes, cun percorrido axeitado para cada unha:

  • Pitufos (nados entre 2018 e 2021): 150 metros
  • Benxamín/Alevín (nados entre 2014 e 2017): 750 metros
  • Infantil/Cadete (nados entre 2010 e 2013): 2,3 km con tres voltas
  • Xuvenil, Promesa, Sénior e Veteráns: 7 km con tres voltas

As inscricións poden facerse directamente no Concello, chamando ao 988 43 00 00, ou a través das aplicacións Saudeter Live e Sportmaniacs.

⚙ Configurar cookies
0.15993189811707