Baños de Molgas acollerá actividades na Olería do Batán con motivo dos Días Europeos da Artesanía

O Concello de Baños de Molgas súmase ao programa de actividades con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa impulsada no marco da artesanía galega e co apoio de Xunta de Galicia e Artesanía de Galicia.
A programación inclúe propostas relacionadas coa olería tradicional que se desenvolverán na Olería do Batán. Así, o sábado 11 de abril celebrarase unha demostración de olería tradicional de Tioira, en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Pola súa banda, o domingo 12 de abril ofrecerase unha experiencia de modelado no torno, tamén en dobre sesión, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.