Baños de Molgas acollerá en xaneiro un curso de competencias dixitais de nivel básico

OurenseXa
O curso será gratuíto e presencial e comezará o 12 de xaneiro de 2026
Imaxe de ordenadores
29 Dec 2025

O Concello de Baños de Molgas porá en marcha un curso de formación en competencias dixitais de nivel básico, dirixido a persoas que queiran iniciarse no uso da tecnoloxía no seu día a día. A formación permitirá aprender a buscar, xestionar e empregar información dixital de maneira práctica.

O curso será gratuíto e presencial, comezará o 12 de xaneiro de 2026 e impartirase no Baixo Centro de Saúde. As prazas son limitadas e a inscrición xa está aberta.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou inscribirse a través do teléfono 654 825 395 ou do correo electrónico dixigal@bigformacion.com.

⚙ Configurar cookies
0.079519987106323