Baños de Molgas celebra o éxito do I Xantar de Entroido

O Concello de Baños de Molgas celebrou este pasado domingo o I Xantar de Entroido, que, xunto co tradicional desfile, encheu o municipio de cor, música e bo ambiente. Durante a xornada, as rúas enchéronse de disfraces e risas, e veciños e visitantes participaron activamente tanto no xantar como no desfile.
Dende o Concello agradeceron especialmente a participación de todas as persoas asistentes, que contribuíron a que a primeira edición deste xantar festivo se convertese nun éxito, así como ao xurado, ás agrupacións de Protección Civil, e ás dúas charangas que amenizaron a xornada.