Baños de Molgas celebra este sábado unha festa infantil de Nadal

O Concello de Baños de Molgas organiza o próximo sábado 3 de xaneiro unha tarde dedicada aos máis pequenos e ás familias no polideportivo municipal. A actividade comezará ás 16:30 horas e ofrecerá diversas opcións de lecer como inchables, xogos de puntería, xogos populares, así como actividades de maquillaxe e decoración con glitter.
O obxectivo é proporcionar un espazo de diversión e entretemento para que os veciños poidan compartir un momento especial durante as festas de Nadal. Desde o Concello animan a toda a poboación a participar nesta iniciativa familiar que busca fomentar a convivencia e o desfrute do Nadal no municipio.