Baños de Molgas dará comezo ao Entroido cun Desfile Infantil

OurenseXa
Será este venres, 28 de febreiro, polas rúas da vila
desfile-entroido-baños-de-molgas
26 Feb 2025

Baños de Molgas comezará o Entroido de 2025 este venres cun desfile infantil protagonizado polos alumnos e alumnas do CEIP Baños de Molgas. O desfile sairá ás 14.30 horas dende o colexio e percorrerá as rúas 𝐚𝐦𝐮𝐞𝐥 𝐆𝐨𝐧𝐳𝐚́𝐥𝐞𝐳 𝐌𝐨𝐯𝐢𝐥𝐥𝐚 e a 𝐋𝐚𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚.

Ademais, o sábado 2 de marzo, terá lugar o Desfile de Entroido de 2025 polas principais rúas da vila. O Concello lembra que o prazo para anotarse e participar no concurso de disfraces estará aberto ata o venres, 28 de febreiro.
As persoas interesadas en formar parte do evento poderán anotarse a través do teléfono 988 430 000. Os participantes entrarán a formar parte do concurso de disfraces do entroido, cun premio de ata 300 euros. O desfile sairá ás 16.30 da Casa do Concello de Baños de Molgas.

⚙ Configurar cookies
0.054804086685181