Baños de Molgas inicia as obras entre Piúca e a capital do municipio

OurenseXa
Nunha primeira fase levaranse a cabo traballos de reparación do firme
casa-do-concello-de-baños-de-molgas
Casa do Concello de Baños de Molgas
11 Nov 2025

O Concello de Baños de Molgas puxo en marcha as obras de mellora na estrada municipal que une Piúca coa capital do municipio.

Nesta primeira fase, explican desde o organismo municipal, procederase á reparación do firme e á consolidación do arcén nas zonas máis deterioradas, co obxectivo de garantir unha maior seguridade e durabilidade da vía. Unha vez rematados estes traballos, realizarase o pintado completo da estrada.

Desde o Concello avisan que, durante o desenvolvemento das obras, poden producirse cortes puntuais de tráfico, polo que se recomenda circular con precaución e respectar a sinalización e as indicacións do persoal encargado.

⚙ Configurar cookies
0.10259199142456