Baños de Molgas mellora varias infraestruturas municipais a través do plan CooperOU

O Concello de Baños de Molgas informa que o pasado mes remataron as obras correspondentes ao Plan CooperOU, promovido pola Deputación Provincial, cun investimento total de 123.284,83 euros. Estes traballos centraronse na rexeneración de firmes en varias localidades, incluíndo Baños de Molgas, Marzás, Almoite, Froufe e Alvite.
Desde o Concello recoñecen que con estas melloras non se chegou “a todos os lugares tan rápido como nos gustaría”, pero aseguran que continuarán “avanzando paso a paso para dar resposta ás necesidades de todos os pobos”.
Esta actuación forma parte dunha estratexia continua para mellorar as condicións e a calidade de vida dos veciños en todo o municipio.