Baños de Molgas organiza un obradoiro para aprender a preparar entrantes de Nadal
OurenseXa
Será este sábado no baixo do Centro de Saúde e as inscricións están abertas

11 Dec 2025
O Concello de Baños de Molgas organiza un novo obradoiro de cociña para preparar entrantes de Nadal. A actividade celebrarase este sábado, 13 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas no baixo do Centro de Saúde.
O obradoiro está pensado para que os participantes poidan aprender a preparar pratos sinxelos e axeitados para as celebracións destas datas.
As persoas interesadas poden reservar praza chamando ao 988 43 00 00 ou acudindo á Casa do Concello.