Baños de Molgas rehabilita a fonte e o lavadoiro de Fondodevila

OurenseXa
O espazo levaba 35 anos en estado de abandono
lavadoiro-fondodevila-baños-de-molgas
Lavadoiro de Fondodevila, Baños de Molgas
4 Jul 2025

O Concello de Baños de Molgas vén de rematar a rehabilitación da fonte e do lavadoiro de Fondodevila, que levaban 35 anos en estado de abandono. Con esta actuación recupérase un lugar que forma parte da historia local e da memoria dos veciños.

A intervención non é só un arranxo funcional, senón tamén un recoñecemento ás persoas que empregaron estas instalacións para lavar a roupa e socializar durante décadas.

Desde o Concello destacan que seguirán traballando na recuperación de espazos que contribúen a conservar a identidade e o patrimonio do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.16676902770996