Baños de Molgas renovou o alumeado en Sanguñedo e Cardoeiro

OurenseXa
O Concello instalou luminarias LED de alta eficiencia grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental
farola-alumeado-luminarias-led
8 Nov 2025

O Concello de Baños de Molgas levou a cabo a renovación do alumeado nas localidades de Sanguñedo e Cardoeiro, substituíndoas por novas luminarias LED de alta eficiencia enerxética.

Esta actuación forma parte do proxecto de eficiencia enerxética e redución da contaminación lumínica, subvencionado pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental, cunha investimento total de 40.000 euros.

Desde o consistorio destacan que esta mellora supón un paso máis cara a un municipio máis eficiente e sostible, contribuíndo ao aforro enerxético e á redución do impacto ambiental.

⚙ Configurar cookies
0.074995040893555