Baños de Molgas retoma os obradoiros de cociña tras o éxito do ano pasado

OurenseXa
Este sábado, 15 de novembro, os participantes aprenderán a facer postres de Nadal
concurso-sobremesa-sarria-nadal
12 Nov 2025

O Concello de Baños de Molgas retoma os seus obradoiros de cociña cun novo taller de postres de Nadal. A cita será o sábado 15 de novembro, de 11:00 a 13:00 horas, no baixo do Centro de Saúde.

Os interesados deben apuntarse previamente de xeito presencial no Concello ou chamando ao 988 430 000. As prazas, lembran desde o consistorio, son limitadas.

Con esta iniciativa, o Concello busca fomentar a gastronomía local e ofrecer aos veciños unha experiencia práctica e divertida para aprender a preparar doces tradicionais do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.075930833816528