Barbadás abre o prazo de inscrición para a VIII edición do concurso “Barbadás a Bocados”

OurenseXa
Trátase dunha cita coa que se busca poñer en valor a creatividade e calidade dos establecementos hostaleiros do municipio
pinchos-barbadas
24 Jul 2025

A Concellería de Comercio do Concello de Barbadás, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para a oitava edición do concurso de pinchos Barbadás a Bocados, que se celebrará os días venres 12 e sábado 13 de setembro de 2025.

Trátase dunha cita xa consolidada no calendario gastronómico local, coa que se busca poñer en valor a creatividade e calidade dos establecementos hostaleiros do municipio. A través desta iniciativa, o Concello pretende dinamizar a hostalería e contribuír á promoción do tecido comercial asentado en Barbadás.

Desde a Concellería de Comercio anímase a todos os negocios hostaleiros do termo municipal a tomar parte neste concurso, que combina gastronomía, identidade local e proxección para o sector.

As solicitudes de participación poderán presentarse entre o 21 e o 31 de xullo de 2025, ambos incluídos.

⚙ Configurar cookies
0.16209506988525