Barbadás abre o prazo de inscrición para as actividades de lecer 2024-2025
As Concellerías de Cultura e Participación Veciñal de Barbadás presentan unha variada gama de actividades para o próximo curso 2024/2025, co enfoque posto no enriquecemento creativo, a expresión artística e o benestar físico.
O prazo inicial de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde este luns, 20 de maio, de 2024, ata o día 31 de maio, a través do Rexistro do Concello de Barbadás, tanto de forma presencial como a través da sede electrónica municipal.
Listado de actividades
Obradoiro de Manualidades: este taller brindará ás persoas participantes a oportunidade de explorar a súa creatividade coa elaboración de obxectos decorativos, agasallos personalizado, etc. O curso está dirixido á población adulta a partir dos 18 anos.
Dirixido a poboación adulta, maiores de 18 anos.
Clases de Pintura: as persoas participantes poderán aprender técnicas e estilos variados. O curso está dirixido a adultos de máis de 18 anos.
Ximnasia de Mantemento: o obxectivo desta actividade, deseñada para todos os niveis, é fomentar o benestar físico e mental das persoas participantes. Ao igual que os anteriores, está dirixida a adultos de máis de 18 anos.
Aula de teatro: a aula de teatro contará con tres grupos que abarcan unha aula de teatro infantil, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, unha aula de teatro xuvenil, para rapazas e rapaces de entre 12 e 17 anos, e unha aula de teatro para adultos, enfocada a persoas de a partir de 18 anos.