Barbadás abre o prazo de isncrición para o "Campamento de Primavera 2024"

OurenseXa
As inscricións estarán abertas ata este venres 15 de marzo
campamento_primavera_barbadas
Campemento de Primavera 2024, Concello de Barbadás
11 Mar 2024

O Concello de Barbadás convoca 50 prazas para as nenas e os nenos nacidos entre os anos 2012 e 2020, que poderán anotarse no "Campamento de Primavera 2024".

O Campamento, que inclúe unha excursión o día 27 de marzo, terá lugar os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril, durante as vacaciós de Semana Santa, en horario de 9.00 a 14.00 horas no Espazo Infantil de Barbadás.

Os interesados poderán inscribirse a partir de hoxe, luns 11 de marzo, ata o vindeiro venres 15 de marzo.

 

 

0.18132996559143