Barbadás abre o prazo para participar no seu xa tradicional obradoiro infantil de elaboración de Mecos

OurenseXa
Terá lugar o 24 de xaneiro e está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos
obradoiro-mecos-barbadas
19 Jan 2026

O Concello de Barbadás ten aberto o prazo de inscrición para participar nun obradoiro de elaboración de mecos tradicionais para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, dentro do programa de actividades do Entroido 2026, que se anunciará próximamente.

A actividade celebrarase o sábado 24 de xaneiro no Museo da Gaita de Barbadás, en horario de 16:30 a 19:30 horas, e conta cun máximo de 20 prazas dispoñibles. As inscricións poden realizarse chamando ao 988 360 413 ou enviando un correo electrónico a museodagaita@barbadas.gal.

Con esta iniciativa, o Concello busca involucrar aos máis pequenos nas tradicións do Entroido e fomentar a participación nas celebracións locais.

⚙ Configurar cookies
0.080550909042358