Barbadás acolle esta noite un concerto de fado a cargo de Marlene Rodrigues

Este xoves, ás 21:00 horas, o Parque dos Patos de Barbadás acollerá unha actuación de fado a cargo da artista Marlene Rodrigues. O concerto enmárcase no programa municipal ‘Verán Cultural’, que ofrece espectáculos cada semana durante os meses de verán.
Desde o Concello lembran que, en caso de mal tempo, a actuación trasladarase ao patio do CEIP Filomena Dato ou ao Auditorio da Casa da Cultura. O programa ten como obxectivo ofrecer actividades culturais abertas ao público durante as noites de verán.