Barbadás acolle este mércores unha charla para fomentar a igualdade entre as mulleres con discapacidade

Este próximo mércores 1 de outubro ás 11:00 horas, o Centro Ocupacional As Burgas de Barbadás acollerá a actividade “Mulleres e nenas con discapacidade: conquistando dereitos, atravesando charcos”, organizada dentro do Espazo Feminista para o Empoderamento.
A actividade ten como obxectivo ofrecer información, apoio e asesoramento a mulleres e nenas con discapacidade, promovendo a visibilización dos seus dereitos e fomentando a igualdade de oportunidades. A participación é gratuita e aberta a todas as interesadas do municipio.
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Exeria, promovido polos concellos de Barbadás, A Pobra de Trives e Ramirás, destinado a ofrecer atención e asesoramento a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.