Barbadás acolle o vindeiro sábado un obradoiro de autodefensa dirixido a mulleres

OurenseXa
As inscricións poderán realizarse até este xoves, 26 de marzo
obradoiro-autodefensa-barbadas
23 Mar 2026

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Igualdade, organiza este sábado, 28 de marzo, un obradoiro de autodefensa para mulleres, incluído na programación con motivo do 8M. A actividade terá lugar na Casa da Mocidade, de 11:30 a 13:30 horas, e estará guiada por persoal especializado.

O obxectivo da xornada é ofrecer ás participantes ferramentas de autoprotección e crear un espazo seguro para compartir experiencias. A actividade é de balde e as inscricións permanecen abertas ata este xoves, 26 de marzo. Para anotarse, é necesario enviar un correo a igualdade@barbadas.gal
ou chamar ao 988 222 251.

A programación do 8M en Barbadás continúa o 17 de abril coa representación da obra de teatro “As alumnas”, dirixida por Fina Calleja, na Casa da Cultura Manuel María. Ademais, durante marzo e abril, estanse a desenvolver diferentes obradoiros de igualdade nos colexios CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro, CPR Luis Vives e no IES Xesús Ferro Couselo.

0.12323403358459