Barbadás acolle unha exposición colectiva de arte realizada pola veciñanza do municipio

OurenseXa
Poderá visitarse ata o 16 de xuño na Casa da Cultura Manuel María
expo-colectiva-barbadas
14 Jun 2025

A Casa da Cultura Manuel María acolle unha exposición colectiva de arte, organizada por Artelandia en colaboración co Concello de Barbadás.

A mostra estará dispoñible ata o 16 de xuño e recolle obras realizadas por persoas da veciñanza. O horario de visitas é de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Dende o Concello convidan á veciñanza a achegarse a gozar do talento local nesta mostra que pon en valor o talento artístico presente no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.47292995452881