Barbadás acolleu a máis de 200 mozos e mozas da Ruta Quetzal nunha xornada literaria adicada a Carmen Martín Gaite

OurenseXa
Os participantes realizaron o paseo literario ‘O Piñor de Carmen Martín Gaite’ da man do profesor David González Couso
ruta-quetzal-barbadas
4 Jul 2025

Barbadás acolleu o pasado mércores, 2 de xullo, a máis de 200 mozos e mozas participantes na Ruta Quetzal, unha iniciativa de aventura e formación cultural que continúa a percorrer distintos puntos da xeografía galega.

O grupo chegou a San Lourenzo de Piñor ás 18:30 horas, onde foi recibido polo goberno local no Campo de Roma, acompañado polos seus monitores e por Íñigo De la Quadra-Salcedo, que mantén viva a histórica expedición creada polo seu pai.

Ás 18:45 horas comezou o paseo literario “O rastro de Carmiña”, guiado polo profesor David González Couso. A actividade permitiu aos expedicionarios descubrir a pegada de Barbadás na vida e obra de Carmen Martín Gaite, nun ano especialmente adicado á escritora. Os mozos e mozas percorreron diversos espazos vencellados á autora, afondando na súa relación con San Lourenzo de Piñor.

Tras a ruta, os participantes cearon no parque dos Carrís e pasaron a noite no Pavillón Polideportivo Municipal de Barbadás, onde instalaron o seu campamento antes de continuar coa seguinte etapa da expedición.

⚙ Configurar cookies
0.18618297576904