Barbadás adxudica a rehabilitación da pista entre Santa Uxía e Reza

O Concello de Barbadás vén de adxudicar por 82.003,72 euros a obra de rehabilitación do firme da pista que une o núcleo de Santa Uxía con Reza.
Esta actuación, explican dende o Concello, forma parte da aposta do municipio por dotar aos seus núcleos do equipamento mínimo de infraestruturas, mellorando así a calidade de vida dos veciños e veciñas e as condicións medioambientais destes núcleos.
Con esta actuación “queremos atender as necesidades de todos os núcleos”, destacou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.