Barbadás aproba os festivos locais de 2025

OurenseXa
Ademais, aprobáronse varias mocións relativas ao transporte, aos servizos sociais e contra a LGTBIfobia
Pleno do concello de Barbadás
Pleno do Concello de Barbadás
8 Jul 2025

O Pleno do Concello de Barbadás celebrado este luns, 7 de xullo, aprobou fixar como festivos locais para o próximo ano o Martes de Entroido (17 de febreiro) e San Martiño (11 de novembro).

Durante a votación deste punto, engadiuse unha proposta de Ramón Padrón para pedir ao Parlamento de Galicia que inicie os trámites para reformar o Estatuto de Autonomía co obxectivo de declarar Galicia como unha nación. A iniciativa saíu adiante cos votos favorables de PSdeG, Democracia Ourensana, Partido Galego e BNG. Catro dos cinco concelleiros do PP presentes abstivéronse, mentres que o quinto votou en contra.

Pola súa banda, o PP levou ao pleno unha iniciativa para crear un rexistro de persoas electrodependentes que facilite a atención en caso de emerxencia. O alcalde propuxo unha engádiga para solicitar á Xunta de Galicia a mellora do transporte sanitario de urxencia en Barbadás as 24 horas e que se envíe ao Concello, a través do Sergas, o listado de persoas electrodependentes. A proposta aprobouse por unanimidade.

O BNG presentou dúas mocións, a primeira delas para defender a igualdade e rexeitar a LGTBIfobia, que foi aprobada co apoio de todos os grupos agás o PP, que se abstivo.

Tamén se debatíu unha moción do BNG para mellorar o transporte público co Hospital de Piñor, que se aprobou cos votos favorables de todos os grupos agás o PP, que votou en contra.

⚙ Configurar cookies
0.16761183738708