Barbadás celebra a gran acollida do obradoiro de elaboración de máscaras dos Follateiros

OurenseXa
A actividade forma parte do programa das IV Mascaradas Ancestrais e continuará este sábado cun acto de homenaxe aos Follateiros
obradoiro-mascaraa-follateiros
3 Feb 2026

O pasado sábado, o Museo da Gaita de Fole de Barbadás acolleu un obradoiro para a elaboración de máscaras dos Follateiros, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A actividade, destacan desde o Concello, contou cunha excelente acollida por parte das familias participantes.

Os máis pequenos tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man unha das mascaradas máis representativas do Entroido tradicional galego, creando as súas propias máscaras e aprendendo de forma lúdica e educativa sobre o significado simbólico e cultural dos Follateiros.

Este obradoiro forma parte do programa das IV Mascaradas Ancestrais, unha iniciativa que busca poñer en valor o patrimonio inmaterial do Entroido galego e achegalo ás novas xeracións. O ciclo continuará o próximo sábado 7 cun acto de homenaxe aos Follateiros.

Desde o Museo da Gaita de Fole de Barbadás destacan a importancia destas propostas para fomentar o coñecemento da cultura popular galega desde a infancia, reforzando a identidade cultural mediante a participación activa e creativa.

⚙ Configurar cookies
0.080832004547119