Barbadás celebra este sábado a cuarta edición das Mascaradas Ancestrais

Barbadás celebra este sábado, 7 de febreiro, a cuarta edición das Mascaradas Ancestrais, dedicadas nesta ocasión aos Follateiros de Lobios, dentro do programa de actividades impulsado desde o Concello para celebrar o Entroido.
A xornada comezará ás 17:00 horas co desfile dos Follateiros, que partirá desde a Casa do Concello ata o Museo da Gaita de Fole, acompañados pola batucada Os Trebóns de Nova Fronteira. Ás 17:30 horas terá lugar a cerimonia de homenaxe, seguida de actuacións musicais a cargo das Pandereteiras da Raia, de Grou, e do grupo Picafoles.