Barbadás celebra unha nova edición do Paseo literario 'O Piñor de Carmen Martín Gaite'

OurenseXa
Será o vindeiro 21 de xuño e haberá que inscribirse antes do día 18
presentacion-paseo-literario-piñor
Presentación da pasada edición do Paseo Literario 'O Piñor de Carmen Martín Gaite'
27 May 2025

O Concello de Barbadás organiza, un ano máis, o Paseo literario 'O Piñor de Carmen Martín Gaite', unha actividade cultural que combina literatura, natureza e música, e que terá lugar o venres 21 de xuño.

A saída está programada para as 9.45 horas desde o Centro Social San Lourenzo de Piñor, punto de encontro desde onde os participantes iniciarán un percorrido polo entorno da parroquia, con referencias á obra da recoñecida escritora.

A xornada contará coa actuación da Banda Cultural de Barbadás, que poñerá a nota musical ao evento, e tamén haberá petiscos gratuítos para todas as persoas asistentes.
A participación é de balde, pero será necesario realizar a inscrición previa antes do 18 de xuño.

Esta iniciativa forma parte do compromiso do Concello de Barbadás por promover a cultura local e poñer en valor o patrimonio literario e natural do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.16120100021362