Barbadás celebrará a Carreira Popular da Valenzá o 21 de setembro

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Barbadás organiza unha nova edición da carreira popular da Valenzá, que se celebrará o domingo 21 de setembro de 2025.
A proba contará con dous percorridos principais para adultos: 5 quilómetros (unha volta) e 10 quilómetros (dúas voltas), cun custo de inscrición de 10 euros. A saída e a meta estarán situadas diante da pista multideporte.
Tamén se programan categorías para menores con distancias adaptadas, desde os biberóns (200 metros, nados a partir de 2016) ata sub-18, con inscrición gratuíta.
As persoas interesadas poden anotarse xa a través da plataforma Sportmaniacs. A organización corre a cargo do Concello de Barbadás, coa colaboración do Club Atletismo Maratón Barbadás.