Barbadás convoca unha nova edición do seu Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal 2025

O Concello de Barbadás convoca unha nova edición do seu Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria que busca potenciar a creatividade e achegar o espírito navideño aos máis pequenos.
Os participantes poderán entregar os seus traballos na Casa da Cultura ou nos colexios CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro ata o 21 de novembro.
Un xurado composto por responsables municipais e representantes escolares seleccionará dúas tarxetas gañadoras por cada categoría. As obras elixidas poderán formar parte das felicitacións institucionais do Concello ou do Programa Cultural de Nadal.
Os nomes dos gañadores daranse a coñecer na web municipal a partir do 26 de novembro, e o 22 de decembro celebrarase un encontro especial con Papá Noel para os seleccionados, con sorpresas e actividades navideñas.