Barbadás entregou os premios do Concurso de Escaparates de Nadal

OurenseXa
Na categoría de hostalaría, o recoñecemento foi para a Cafetería Oren Express, mentres que na categoría de comercios resultaron premiados Donicela, co primeiro posto, e Centro Adiante, co segundo
premios-concurso-escaparates-barbadas
28 Dec 2025

O Concello de Barbadás entregou esta semana os diplomas correspondentes ao Concurso de Escaparates de Nadal aos establecementos premiados. Na cerimonia de entérela participaron o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, xunto co tenente de alcalde, Daniel Rey.

Na categoría de hostalaría, o recoñecemento foi para a Cafetería Oren Express, mentres que na categoría de comercios resultaron premiados Donicela, co primeiro posto, e Centro Adiante, co segundo. Desde o Concello trasladaron os seus parabéns aos establecementos gañadores e agradeceron tamén a participación do resto de negocios que se sumaron á iniciativa.

⚙ Configurar cookies
0.082862138748169