Barbadás festexará a terceira edición da Foliada Letras Galegas

OurenseXa
A III Foliada das Letras Galegas de Barbadás, adicada á poeta e ensaísta Luisa Villalta, contará con diversas actuacións musicais, postos de artesanía e obradoiros para os máis cativos
Cartel da III Foliada das Letras Galegas de Barbadás
11 May 2024

O Concello de Barbadás celebrará o venres 17 de maio a terceira edición da Foliada Letras Galegas este ano adicado á poeta e ensaísta Luisa Villalta.

A celebración, terá lugar no Parque dos Carrís, a carón do Polideportivo municipal, e contará con varios postos de productos artesanais, así como xogos e obradoiros lúdicos para os máis cativos.

A III Foliada contará coas actuacións da Banda Cultural de Barbadás,  integrada polo alumnado da Escola Municipal de Música e con grupos como Lambisqueiras, Zoadeira e Cuncas de Son, que nos ofrecerán  cantos e música tradicional.

Ás 14:30 horas, haberá un xantar popular, co menú de  empanada, churrasco mixto con patacas fritas, criollo, ensalada, postre, bebidas, café e licores.  Para rematar a xornada contarase coas actuacións da charanga BBB e unha gran queimada.

 

0.1650071144104