Barbadás festexará o Día da Bici este xoves

OurenseXa
O alumnado de 6º de Educación Primaria participará o próximo día 24 nesta actividade, enmarcada no proxecto Camiño Escolar/Ruta Catalina.
barbadas-dia-da-bici
Día da Bici, Barbadás
19 Apr 2025

Barbadás festexará un ano máis o día da Bici, unha actividade para concienciar ás familias sobre a utilización da bicicleta como un medio de transporte ecolóxico e saudable na que participaran os escolares de 6º de Educación Primaria dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato. Será o vindeiro xoves, 24 de abril, polas rúas do municipio.

O ano pasado, os nenos e nenas pedalearon case 4 quilómetros polas rúas para reivindicar o uso deste medio de transporte, en favor do medio ambiente e dos hábitos saudables. Unha xornada de convivencia e deporte na que ademais recibiron nocións sobre seguridade viaria e o manexo das bicis.

⚙ Configurar cookies
0.10717797279358