Barbadás inaugura este mércores unha nova exposición na Casa da Cultura
OurenseXa
Trátase de “Distorsións”, unha mostra fotográfica organizada que propón unha reflexión sobre as alteracións, deformacións e falacias visuais presentes na sociedade actual.

Casa da Cultura Manuel María
2 Oct 2025
A Casa da Cultura de Barbadás inaugura este xoves ás 19:00 horas a mostra fotográfica “Distorsións”, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Asociación Fotográfica Fotosíntese.
A exposición, que se poderá visitar ata o 31 de outubro, propón unha reflexión sobre as alteracións, deformacións e falacias visuais presentes na sociedade actual.
O horario de visita é de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas, no segundo andar da Casa da Cultura.