Barbadás inicia a súa campaña de recollida de xoguetes para este Nadal

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barbadás pon en marcha, un ano máis, a campaña de recollida de xoguetes destinada ao Banco Solidario, co obxectivo de levar ilusión e sorrisos aos nenos e nenas nesta época festiva.
Segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, a iniciativa busca que os máis pequenos poidan disfrutar de xoguetes, xogos ou libros que outros nenos xa utilizaron, permitindo que estas doazóns sigan enriquecendo o espírito do Nadal en novos fogares.
A campaña terá lugar do 3 ao 21 de novembro. O Polideportivo Municipal acollerá as doazóns de luns a venres, en horario de 7:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Ademais, o local do Banco Solidario recollerá xoguetes os martes de 16:00 a 18:00 horas.